lunes, 28 de noviembre de 2011

4ª xornada

Este sábado día 26 o Castrelo FSF desprazouse ata Celanova con tódolos nosos seareiros a disputar o partido contra as rapazas de esta localidade.
Antes de saír o campo o noso equipo tivo que cambiar de porteira por lesión de Rocío (fractura do dedo maimiño). Neste partido debutaron dúas das nosas rapazas, María e Nerea. O Castrelo FSF saíu con forza, marcando o primeiro tanto os poucos minutos, obra de Flavia de cabeza. Cun final de partido moi disputado o partido rematou cun resultado de 3 a 2 para o Celanova.
Dende aquí queremos mandar unha mensaxe de animo o noso equipo: Imos Castrelo que podemos. E recordade a liga non é como comeza, senón como finaliza.
















































3ª xornada

O sabado día 19 disputouse a terceira xornada de liga provincial feminina, no noso campo enfrentandonos contra o Nogueira de Ramuín.
Sairon o campo como equipo inicial Laura, Flavia, Rut, Rocio na porta e Ana como a nosa capitana. Foi un partido duro, xa que as nosas rivais eran fortes nas entradas. Na primeira parte demostrouse a superioridade táctica do Castrelo FSF, marcando o primeiro tanto.
No segundo tempo sairon con ganas as nosas rivais, empatando o encontro. A uns minutos do final adiantamonos no marcador, pero ante unha arbitraxe un tanto dubidosa o gol foi anulado, asi que o partido rematou con empate a un tanto.
Os tortoliños entre o publico

Alba




Momentos do xogo